O E-Motion da escola de FitKid de baile e acrobacia, de Bertamiráns en Ames, asinou unha estrea soñada na súa primeira participación oficial nun Campionato Interautonómico, que se desenvolveu, o pasado domingo 1 de marzo, no pavillón da Marazuela, en Las Rozas (Madrid).
Todas as coreografías presentadas polo equipo E-Motion da escola de Ames lograron subir ao podio. Un pleno de medallas que supera calquera expectativa inicial e que confirma o gran traballo realizado durante os últimos meses. Ademais, a organización de Fit Kid España fixo entrega dunha placa de recoñecemento ao director da escola, Edu López, por ser E-motion a primeira escola oficial de FitKid en Galicia.
O campionato reuniu a clubs procedentes de Madrid, Aragón, Castela e León e a E-motion como única escola representante de Galicia nesta disciplina artístico-deportiva. E os resultados foron os seguintes:
Resultados individuais E-Motion:
- Noa Lema: segunda clasificada en FitKid Promo Baby.
- Irati Pérez: primeira clasificada en FitKid Baby.
- Águeda Abaña: segunda clasificada en FitKid Promo Kid 1.
- Maré Carballedo: primeira clasificada en FitKid Promo Kid 1.
Resultados por equipos E-Motion:
- Equipo Baby: primeiras clasificadas na modalidade FitKid.
- Equipo Kid: primeiras clasificadas na modalidade FitKid Promoción.
- Equipo Júnior: primeiras clasificados na modalidade FitKid Promoción.
A próxima gran cita será o Campionato de España, que se celebrará do 30 de abril ao 3 de maio en Blanes (Xirona), no que o E-Motion competirá coa mesma emoción e a mesma humildade coa que afrontou a súa estrea no Campionato Interautonómico de Madrid.
Con este brillante arranque, E-motion non só consolida o crecemento do FitKid en Galicia, senón que demostra que o traballo en equipo, o compromiso e a paixón poden converter os soños en realidade desde o primeiro paso.






