O Parque Acuático recibiu a visita de 96.500 persoas, superando ampliamente as previsións que cifraban en 80.000 os usuarios para a época estival
O Parque Acuático do complexo deportivo de Monterrei, no Concello do Pereiro de Aguiar, superou todas as previsións durante o pasado verán, ao situarse o número de usuarios neste periodo preto dos 100.000, segundo informou a Xunta de Galicia, a través do seu director xeral para o Deporte, José Ramón Lete, ao alcalde, Luis Menor.
O Parque Acuático, que abriu as súas portas do 20 de xuño ata o 17 de setembro, recibiu durante a época estival un total de 96.500 usuarios, superando amplamente as estimacións que situaban a cifra de visitantes nas 80.000 persoas. Un crecemento exponencial, respecto aos 22.000 usuarios do verán de 2023, mais tamén o Parque Acuático contaba con menos atraccións e menos tempo, pero con acceso de balde.
Estamos con total probalidade ante o recurso turístico máis importante da provincia, e sentímonos orgullos de que estea no Pereiro de Aguiar”
Tanto dende a Xunta como da Deputación de Ourense, informaron ao Concello de que en próximas datas asinarase un convenio para a licitación do remate completo das instalacións, acometendo as fases que faltan nun só contrato, explicou o alcalde e presidente provincial, Luis Menor, quen valorou “moi positivamente as cifras de usuarios que, unha vez rematen as instalacións “converteranse nun referente”, incidiu o rexedor.