A Federación Internacional elixiu a Narón para organizar o primeiro Mundial de Hip Hop tras a candidatura presentada polo Concello, a Federación Española e o Club de Baile Deportivo Narón
A Federación Internacional de Baile Deportivo (WDSF) elixiu a Narón, entre todas as candidaturas presentadas, para acoller a primeira edición do Mundial de Hip Hop. Unha elección que foi posible grazas á colaboración conxunta entre o Concello, a Federación Española de Baile Deportivo e o Club de Baile Deportivo Narón.
Así, o primeiro Mundial de Hip Hop desenvolverase os días 10 e 11 de maio no Pazo da Cultura, no que se proclamarán os primeiros campións do mundo desta modalidade de baile deportivo nun total de sete categorías: Junior Small Team, Junior Big Team, Youth Small Team, Youth Big Team, Adulto Small Team, Adulto Big Team e Megacrew, segundo informaron o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Federación Española, Luis Vañó.
Como participar no primeiro Mundial de Hip Hop
O Concello e a Federación valoraron muy positivamente o feito de poder volver traballar da man e ter a oportunidade de colaborar na organización dun evento deportivo deste nivel, como é a primeira edición do Mundial de Hip Hop. Dende a organización trasladaron a todos os interesados en participar no Mundial, e segundo o establecido pola Federación, que o único requisito é o de competir, como mínimo, nunha das probas do calendario español neste 2025, previas á data do Mundial.