PUBLICIDADE

Os clubs da Copa Deputación de Ourense de fútbol base reciben 450 balóns

Os clubs da Copa Deputación de fútbol base recibiron os balóns durante o desenvolvemento dun acto no que participou o diputado de Deportes, César FernándezOs clubs da Copa Deputación de fútbol base recibiron os balóns durante o desenvolvemento dun acto no que participou o diputado de Deportes, César Fernández

Os clubs da Copa Deputación de Ourense de fútbol base recibiron de mans do deputado de Deportes, César Fernández, os 450 balóns para o desenvolvemento dun campionato que ten como obxectivo apoiar a práctica deportiva entre os máis novos e reforzar o traballo que fan os clubs da provincia coa mocidade e a cativada.

No marco desta colaboración a Deputación de Ourense repartiu 450 balóns entre os equipos participantes: 250 destinados ás categorías de fútbol-8 (alevíns, benxamíns e prebenxamíns) e 200 para os equipos de fútbol sala base (xuvenís, cadetes, infantís, alevíns, benxamíns e prebenxamíns).

Estes balóns distribúense entre os clubs en función do número de equipos inscritos na Copa Deputación, que nesta tempada contou coa participación de 123 equipos de fútbol-8 e 109 de fútbol sala, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario deportivo base na provincia.

PUBLICIDADE

Durante o acto, César Fernández, puxo en valor a importancia de apoiar o deporte formativo, destacando que iniciativas como esta contribúen a facilitar recursos aos clubs e a fomentar valores como o compañeirismo, o esforzo e o traballo en equipo entre a mocidade ourensá.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.