PUBLICIDADE

Os pilotos Xesús Ferreiro e Alberto Fraga, lograron o título continental de Ralis Históricos, na Categoría 3 e en Legend, mentres que Luis Penido, logrou o título no Grupo 5 do Campionato de Montaña

Os pilotos da comarca de Santiago, Xesús Ferreiro de Melide, Alberto Fraga de Toques e o compostelano Luis Penido veñen de pechar a tempada dos Campionatos de Europa de Ralis FIA, de Históricos e de Montaña, conseguindo un triplete continental.

Os melidense Xesús Ferreiro e Xavier Anido chegaron á última proba do Campionato de Europa de Ralis Históricos, en Fafe Portugal, xa co título continental da Categoría-3 no seu poder, despois de certificalo na penúltima proba, o Rali de Asturias, co seu Ford Escort RS, sumando catro de catro victorias. Ao remate desta última cita da tempada, os de Melide quedaron ademais no quinto posto absoluto, pechando así unha gran campaña.

Polas súa banda, tamén no Rali de Fafe do Campionato de Europa de Ralis Históricos o equipo de Toques, con Alberto Fraga e Felipe Alvarado tamén se subiron ao máis alto do podio na categoría Legend co seu Audi Sport Quattro S1 E2, sumando o segun título continental para os pilotos da comarca de Santiago.

PUBLICIDADE

Ademais, o equipo que lidera o compostelano Luis Penido tamén vén de sumar outro fito para o deporte do motor da comarca. O santiagués tamén se subiu ao máis alto do podio no Grupo 5 do Campionato de Europa de Montaña, cando aínda restaban dúas carreiras para rematar o certame contiental, que baixou o pano en Croacia a finais de setembro. O equipo de Penido convértese así na primeira formación galega en acadar un triunfo na máxima competición internacional.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.