PUBLICIDADE

Os Xogos Nacionais de Fútbol Sala Special Olympics celebraron a súa festa no pavillón do Carballiño

O pavillón do Carballiño acolleu a festa dos Xogos Nacionais de Fútbol Sala de Special OlympicsO pavillón do Carballiño acolleu a festa dos Xogos Nacionais de Fútbol Sala de Special Olympics

O polideportivo do Carballiño acolleu o sábado pasado a divertida celebración dos Xogos Nacionais de Fútbol Sala de Special Olympics, dunha competición que se desenvolveu durante a pasada fin de semana no Paco Paz de Ourense e que congregou a preto de 300 deportistas e a máis dun centenar de adestradores e voluntarios de 17 entidades sociais de toda España.

A festa no pavillón incluíu música e baile, dos que gozaron máis de 400 persoas entre deportistas e equipos técnicos e acompañantes. A competición impulsada por Special Olympics aposta polo deporte como ferramenta de inclusión social para as persoas con discapacidade intelectual, ao mesmo tempo que supón un espazo de convivencia, fraternidade e ilusión.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.