PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Récord do Día da Bicicleta de Rois con 179 participantes

PorBisbarra

Martes, 17 Setembro 2024 , , ,
Os ciclistas durante o percorrido do Día da Bicicleta, organizado polo Concello de Rois

Os participantes nesta nova edición do Día da Bicicleta completaron 19 quilómetros nun percorrido por distintas paraxes do municipio

O Día da Bicicleta, organizado polo Concello de Rois, batiu o récord de participación cun total de 179 ciclistas inscritos de todas as idades. José Ramón Vigo, con 81 anos, e Hugo Castro, con ano e medio de idade, foron os participantes máis vello e máis novo, respectivamente.

Os 179 participantes, nunha xornada de moita calor, tomaron a saída no polideportivo municipal de Rois o pasado sábado 14 de setembro, e desafiando ás altas temperaturas completaron unha distancia de 19 quilómetros nun percorrido por distintas paraxes do municipio.

Unha vez rematado o percorrido, os participantes nesta nova edición do Día da Bicicleta de Rois compartiron petiscos e participaron en diferentes sorteos de premios como material deportivo cedido polo Clube Ciclista Padronés Cortizo, unha cea para dúas persoas no Restaurante Pedra Santa de Santiago e unha bicicleta que cedeu a tenda padronesa A de Mario.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Os concelleiros José Luis Ares e Antonio Esparís, ademais do responsable de A de Mario, Mario Castro, e o representante do Restaurante Pedra Santa, Mateo Abalo, foron os encargados de entregar os agasallos entre os participantes, nunha festa deportiva que rematou coas actuacións de danza e freestyle a cargo de Ricardo Prado e Poten100mos-Gallos del Norte.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.