PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Concello de Boqueixón organiza tres saídas para maiores ao Balneario Compostela

PorBisbarra

Venres, 20 Setembro 2024 , , ,
Saída ao Balneario Compostela en Brión, organizada polo Concello de Boqueixón o outono pasadoParticipantes na saída ao Balneario Compostela, en Brión, organizada polo Concello de Boqueixón o outono pasado

As saídas ao balneario para maiores de 60 anos terán lugar os venres 4 de outubro, 15 de novembro e 13 de decembro dende a Casa do Concello do Forte

O Concello de Boqueixón vén de anunciar a posta en marcha este outono de tres saídas ao Balneario Compostela, no Concello de Brión. As saídas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos que poidan valerse por si mesmas na realización das actividades básicas da vida cotiá.

Cada quenda das saídas, que terán lugar os venres 4 de outubro, 15 de novembro e 13 de decembro, inclúen circuíto termal de dúas horas nas instalacións do balneario, no que desfrutarán dos beneficios físicos e psíquicos da hidroterapia nunha contorna de relaxación e natureza.

A Casa do Concello do Forte será o punto de encontro e de saída cara ao Balneario Compostela, nas tres quendas ás 10:15 horas. E, de 11:00 a 13:00 horas os participantes poderán desfrutar do circuíto termal con dúas piscinas dinámicas con chorros, contracorrentes, fervenzas, camas de auga, jacuzzi e asentos de burbullas. As instalación compleméntanse cun baño turco, unha ducha bitérmica, un circuíto de pernas, unha ducha de aromas, dúas salas de calor seca, unha de escarcha de auga xeada e unha sala de relaxación con mármores quentes e cromoterapia.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O prezo da iniciativa é de 15 euros por circuíto termal, que serán aboados no propio Balneario Compostela, así como 8 euros polo autobús. Todas aquelas persoas interesadas en participar ou que precisen máis información deben dirixirse ao departamento de Servicios Sociais ou chamar ao teléfono 981 513 106.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.