A SD Compostela gañou na carreira por equipos, e o Club Atletismo O Pino foi o que aportou máis atletas a unha proba que contou con preto de 500 corredores na saída
Isabel Sixto (CA La BLanca) e Amador Pena (SD Compostela) foron os vencedores da XIX edición da Carreira Popular do Concello de O Pino que contou con case 500 corredores que tomaron a saída na praza de Forcarei nas diferentes categorías.
Amador Pena impúsoxe, por segundo ano consecutivo, na carreira absoluta dunha proba que conta coa organización do departamento de Deportes, o control técnico da Federación Galega de Atletismo (FGA) e pertence ao X Circuíto de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña. O atleta da SD Compostela venceu completando os 8 quilómetros de percorrido cun tempo de 28:15 minutos. Martín Lestido, do Club Atletismo Sar, foi segundo cun tempo de 28:20 minutos, e completou o podio no grupo masculino Alberto Mariño, tamén da SD Compostela, parando o crono en 20:21 minutos.
Isabel Sixto, pola súa banda, impúsose no grupo feminino cun tempo de 32:36 minutos, por diante de Soledad Leiro, da SD Compostela (33:19 minutos), segunda, e da peregrina holandesa Catijn Schierbeek (33:23 minutos) que está facendo o Camiño de Samtiago e decidiu participar nesta carreira popular.
Na clasificación por equipos, a SD Compostela levou o primeiro premio con 79 puntos, ao colocar a seis dos seus atletas entre os 24 primeiros clasificados; seguido do Nosportlimit (114 puntos) e do Club Atlestimo Sar (146 puntos). O local Club Atletismo O Pino foi o que contou con un maior número de representantes nas diferentes categorías, polo que recibiu o premio ao club máis numeroso da carreira.
Gañadores da carreira por categorías
Por categorías os vencedores e vencedoras foron: Daniel Maneiro e Aila García (Sub-18), Álex Carrasco e Carmen Paz (Sub-16), Brais Rendo e Judit Barros (Sub-14), Xabier Rodil e Julia Fagilde (Sub-12), Álex Pena e Celia Mella (Sub-10) e Lucas Amos e Celtia López (Sub-8).