PUBLICIDADE

Special Olympics Galicia celebrou un cuarto de século de deporte inclusivo

Special Olympics Galicia celebrou 25 anos de deporte inclusivo cun acto conmemorativo en TeoSpecial Olympics Galicia celebrou, o pasado 25 de outubro no Concello de Teo, o seu 25 aniversario nun acto conmemorativo para celebrar un cuarto de século de deporte inclusivo

Special Olympics Galicia soprou as velas, o pasado 25 de outubro no Concello de Teo, do seu 25 aniversario, nun acto conmemorativo para celebrar un cuarto de século de deporte inclusivo, no que participaron as alcaldesas de Teo e Santiago, Lucía Calvo e Goretti Sanmartín, e a directora xeral da área de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, entre outros.

Abeijón, puxo en valor o traballo que fai Special Olympics Galicia a favor da plena integración a través do deporte inclusivo e para todos. Así o indicou durante o acto conmemorativo da entidade, coa que o Goberno galego mantén desde hai anos unha estreita colaboración.

A directora xeral garantiu que a Xunta seguirá apoiando ás entidades que actúan no eido da discapacidade e destacou que os orzamentos de 2026 medran en máis dun oito por cento os fondos destinados a este fin, superando os 190 millóns de euros. Neste sentido, aclarou que este incremento permitirá aumentar o apoio económico ao sector, crear novas prazas de atención e continuar ampliando a rede de atención temperá.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.