PUBLICIDADE

Tres andainas e unha ruta ciclista en familia para esta primavera en San Sadurniño

Participantes o ano pasado nunha das andainas que organiza o Concello de San Sadurniño para persoas de todas as idadesParticipantes o ano pasado nunha das andainas que organiza o Concello de San Sadurniño para persoas de todas as idades

A primeira das andainas partirá, mañá venres 16, dende o local social de Santa Mariña; a seguinte, o 28 de maio dende o de Naraío, e a última, o 20 de xuño terá a súa saída dende o de Lamas

San Sadurniño vén de anunciar a programación de tres andainas parroquiais e unha ruta ciclista familiar para esta primavera. Unha iniciativa que busca dar a coñecer á veciñanza eses lugares do municipio nos que igual nunca estiveron, ao tempo que promove a actividade física e hábitos de vida saudable.

A primeira das andainas parroquiais, cunhas distancias de entre 3 e 6 quilómetros, partirá mañá venres 16 de maio, dende o local social en Santa Mariña (16:00 horas) e terá a súa chegada no da Golpilleira. As seguintes citas serán, o mércores 28 de maio dende o local social en Naraío, e o venres 20 de xuño dende o de Lamas. Ambas andainas comezarán tamén ás catro da tarde.

Dende o departamento de Deportes de San Sadurniño aconséllase levar roupa cómoda, chaleco reflectante, calzado sen tacón que non sexa de estrea para que non nos faga vexigas ou rozaduras, calcetíns de algodón, gorra, bebida e algo de comer. Na actividade farán de guía os grupos de ximnasia de mantemento das respectivas parroquias.

PUBLICIDADE

Para participar nalgunha destas andainas, abertas ao público en xeral e para todas as idades cun nivel de dificultade baixo, os interesados deberán anotarse chamando ao teléfono 672 942 426.

Ademáis das andainas, o departamento de Deportes organiza, o vindeiro domingo 25 de maio, a tradicional Ruta Cicloturista en Familia que contará cun percorrido de 15 quilómetros de pistas e estradas de baixa dificultade. Nesta edición, informan dende o Concello, mudará o trazado, máis comezará igualmente no patio do CPI de San Sadurniño e despois tirará cara a Ferreira e Lamas seguindo o val do río Xubia, no canto doutras edicións que ía cara a Pedroso.

A saída do pelotón familiar terá lugar ás once da mañá dende o CPI e ofértanse un total de 125 prazas que se cubrirán por orde de inscrición, a cal é de balde. Poderán participar nenas e nenos de 6 anos en adiante e as inscricións estarán abertas ata as 14:00 horas do día 22 de maio a través deste formulario en liña . 

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.