PUBLICIDADE

Ferrol pon en marcha un Ciclo de Cine Sénior para maiores de 65 anos

O Concello de Ferrol organiza o Ciclo de Cine Sénior para maiores de 65 anos e que consistira nunha proxección dunha película e unha tertulia todos os xovesO Concello de Ferrol organiza o Ciclo de Cine Sénior para maiores de 65 anos e que consistira nunha proxección dunha película e unha tertulia todos os xoves

O Ciclo de Cine Sénior de Ferrol desenvolverase todos os xoves a partir das sete da tarde e consistirá na proxección dunha película, dende clásicos a cine moderno, e unha posterior tertulia entre os asistentes

As persoas maiores de Ferrol poderán participar, dende o vindeiro mes de xuño, no Ciclo de Cine Sénior, así o anunciou a concelleira de Política Social, Rosa Martínez, sobre unha iniciativa dirixida a persoas de máis de 65 anos, e que forma parte do obxectivo municipal de favorecer a participación dos maiores de xeito activo en todos eidos da vida, contribuíndo á cohesión social e a mellorar a calidade de vida.

O Ciclo de Cine Sénior contempla a proxección dunha película todos os xoves (menos en xullo, agosto e o 25 de decembro) a partir das sete da tarde no salón de actos da Asociación Veciñal do Ensanche A, ou ben noutro espazo municipal, para que os participantes poidan gozar nunhas condicións axeitadas de filmes clásicos, xoias do cine popular, wésterns, filmes europeos, cine moderno… Tras as proxeccións organizarase unha tertulia con todos os asistentes.

A concelleira Rosa Martínez anunción tamén que, dende mediados deste mes e ata o vindeiro 11 de xullo, levarase a cabo o programa de actividades de dinamización social no centro municipal de maiores de Río Xubia. Nove persoas do voluntariado municipal (en quendas de tres persoas cada semana) realizarán as actividades, como xogos de mesa, pasatempos, música e relaxación, en horario de 11:00 a 13:00 horas. “O obxectivo é dinamizar o comedor sénior como espazo de relación e encontro das persoas que xantan nesta instalación municipal”, apuntou a concelleira.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.