O Club de Mar de Cariño, despois de acordalo cos clubs de vela, deciciu pospoñer o trofeo da clase Optimist co obxectivo de aumentar a participación
A terceira edición do Trofeo Concello de Cariño de vela da clase Optimist dispútarase na Concha os vindeiros 12 e 13 de outubro, no canto do 21 e 22 de setembro como estaba programado nun primeiro momento a celebración da regata, que tamén serve como preparación para os deportistas de cara ás competicións do calendario galego.
O Club do Mar de Cariño, organizador da proba que conta co apoio da Deputación da Coruña e Deporte Galego da Xunta, anunciou o cambio de datas “pola falta de participación” e despois de chegar a un acordo cos outros clubs. O obxectivo, conseguir aumentar o número de participantes.
A proba de deporte náutico, que chega a súa terceira edición, ten como obxectivo servir de adestramento aos regatistas de cara as probas de nivel autonómico.