PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Estadio Municipal Vero Boquete inicia a primeira fase da súa reforma integral

As concelleiras Pilar Lueiro e Míriam Louzau anuncian o inicio da primeira fase da Reforma Integral do Estadio Vero BoqueteAs concelleiras Pilar Lueiro e Míriam Louzau anuncian o inicio da primeira fase da Reforma Integral do Estadio Vero Boquete

O Concello de Santiago aprobou a solicitude dunha subvención á Deputación para cofinanciar a primeira fase de melloras no Estadio Vero Boquete

Luz verde ao inicio da reforma integral do Estadio Municipal Vero Boquete, despois de que o Concello de Santiago aprobara, o pasado 28 de outubro, a solicitude dunha subvención á Deputación Provincial da Coruña para cofinanciar a primeira fase do Plan Integral de Rehabilitación do Estadio Vero Boquete, en San Lázaro.

Unha primeira fase de obras e melloras do Estadio Vero Boquete que se centrará “na cuberta, fachada e soportais“, explicou a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, durante unha rolda de prensa na que estivo acompañada pola voceira do Goberno local, Míriam Louzau, e na que informaron que o investimento total nesta primeira fase, cunha duración de catro meses, será de 1.292.790,67 euros, que se financiará coa axuda de 850.000 euros por parte da Deputación e unha achega municipal de 442.790,67 euros.

Lueiro precisou que as obras se realizarán no saneamento e pintado dos elementos prefabricados da fachada, o que incluirá a limpeza con auga das superficies, a aplicación dun revestimento especial, a reconstrución das zonas fortemente danadas, e o selado das xuntas abertas entre as pezas da fachada e a estrutura portante do estadio.

Tamén, na cuberta levaranse a cabo labores de eliminación dos restos de suciedade, a aplicación dun revestimento de impermeabilización líquida de cubertas e a substitución dos paneis de policarbonato. Tamén se realizarán tarefas de saneamento e pintado dos soportais.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

MEDIDAS CORRECTORAS PARA O ESTADIO VERO BOQUETE

De xeito complementario, a Xunta de Goberno tamén aprobou a “aplicación de medidas correctoras para o Estadio Vero Boquete de San Lázaro segundo o Estudo integral de patoloxías (Fase III)“, explicou a concelleira de Deportes.

Pilar Lueiro reiterou o compromiso do Concello para mellorar as instalacións deportivas e dotar á cidade dos espazos que “Compostela merece” e reclamou a colaboración de todas as administracións para acadar este fin.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.