PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O conselleiro de Sanidade pon en valor ás farmacias rurais no seguimento da medicación

O conselleiro de Sanidade visitou a farmacia de Xunqueira de Ambía.O conselleiro de Sanidade visitou a farmacia de Xunqueira de Ambía.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, puxo en valor o labor das farmacias rurais no seguimento da medicación dos maiores. Así mesmo, salientou que xa hai 500 oficinas adheridas ao programa que ofrece unha dosificación personalizada dos tratamentos.

O conselleiro visitou hoxe a farmacia de Xunqueira de Ambía, acompañado pola directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares; o alcalde da localidade, José Luis Gavilanes; e a vicepresidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Carmen Gallardo. Alí sinalou que esa oficina de farmacia é un exemplo da implicación do sector no coidado da poboación do rural galego.

Gómez Caamaño destacou o papel das farmacias no conxunto do sistema sanitario galego, en especial no rural, tendo en conta a dispersión e envellecemento da poboación da nosa comunidade. Así, incidiu en que a capilaridade, a cobertura, a accesibilidade e a dispoñibilidade das farmacias convérteas en “axentes esenciais na promoción da saúde e na educación sanitaria da poboación”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Gómez Caamaño afirmou que a Xunta é coñecedora da potencialidade que ofrecen as farmacias en materia de accesibilidade e proximidade aos pacientes. A tal efecto, o Servizo Galego de Saúde, en colaboración cos colexios oficiais de farmacéuticos, promoven distintas accións e campañas encamiñadas a mellorar o seguimento farmacoterapéutico dos pacientes.

Unha das farmacias adheridas ao programa de seguimento de medicación é a de Xunqueira de Ambía.
Unha das farmacias adheridas ao programa de seguimento de medicación é a de Xunqueira de Ambía.

Nesta liña, un exemplo é o programa de mellora da adherencia terapéutica, posto en marcha o pasado ano. A través de sistemas personalizados de dosificación, permite facer un seguimento personalizado, o que asegura que as persoas de maior idade tomen a medicación axeitadamente. Este programa personalizado de dosificación busca mellorar a adherencia dos pacientes maiores de 75 anos, polimedicados, e que viven sos ou teñen dificultades para seguir o seu tratamento correctamente.

Tal e como detallou o conselleiro, son máis de 500 as farmacias galegas, delas ao redor de 60 da provincia de Ourense, as que se teñen sumado a esta iniciativa. Así pois, na actualidade hai 114 pacientes no programa. Non obstante, o departamento sanitario galego quere seguir sumando novos beneficiarios a esta iniciativa, polo que o conselleiro convidou aos maiores a que participen no programa.

O titular de Sanidade tamén se referiu a outras medidas do Goberno galego pioneiras no eido da prestación farmacéutica. Un exemplo é o decreto de entrega de medicamentos a domicilio para pacientes dependentes ou residentes en zonas illadas, que se está a tramitar. Trátase dunha iniciativa que xa foi levada a cabo con éxito de xeito excepcional durante a pandemia.

Pola súa banda, o Colexio Oficial de Farmacéuticos Ourense remarca que as farmacias son imprescindibles para preservar a saúde da xente do rural. Así, hoxe en día, eríxese como una infraestrutura sanitaria esencial, complementando a Atención Primaria. Trátase dun establecemento sanitario próximo e sempre aberto para os pacientes, todos os días do ano.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.