PUBLICIDADE

O toquense Abraham Martín, prata en mecatrónica no SpainSkills

O alumnado galego logrou sete medallas no SpainSkills.O alumnado galego logrou sete medallas no SpainSkills.

O alumnado galego competidor no SpainSkills alzouse con sete medallas na competición celebrada en Madrid. Máis en concreto lograron dúas de ouro, dúas de prata e tres de bronce.

Un total de 37 estudantes representaron a Galicia no campionato de Formación Profesional Spainskills. Os competidores foron os gañadores de GaliciaSkills, o campionato autonómico organizado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP o pasado mes de outubro. Destes, sete alumnos lograron medallas.

Máis en concreto, obtiveron dous ouros; en Tecnoloxía do automóbil, polo representante do CIFP Politécnico de Santiago, e en Tecnoloxía de vehículos pesados, polo CIFP Someso. Dúas pratas, en Mecatrónica, cos alumnos Xoel Teijero Prado e o toqués Abraham Martín Corral; e en Panadaría, representando ao coruñés CIFP Paseo das Pontes. Finalmente, lograron tres bronces en Desenvolvemento web, Ebanistaría e TIC Administración de sistemas en rede; con representantes do IES Ramón María Aller Ulloa, o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez e o IES San Clemente.

PUBLICIDADE
Abraham Martin Corral, veciño de Toques, foi medalla de bronce na categoría de Mecatrónica no Spainskills.
Abraham Martin Corral, veciño de Toques, foi medalla de prata na categoría de Mecatrónica no Spainskills.

Representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, encabezados pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, acompañaron aos equipos participantes na competicióN. Así pois, aproveitaron para felicitar aos gañadores polo talento, a capacitación técnica e a excelencia demostrada.

Neste sentido, a Xunta de Galicia avala a aposta do Goberno galego por unha “Formación Profesional moderna, innovadora e conectada co tecido produtivo que destaca especialmente pola implicación do alumnado e o profesorado”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.