PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Rueda reafirma en Allariz o compromiso da Xunta co emprendemento no rural

PorBisbarra

Xoves, 12 Decembro 2024 , , ,
Alfonso Rueda participou na inauguración do I Foro de Emprendemento Rural en Allariz.Alfonso Rueda participou na inauguración do I Foro de Emprendemento Rural en Allariz.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na inauguración do I Foro de Emprendemento Rural, que se organiza hoxe e mañá a Fundación Roberto Rivas en Allariz. Alí reafirmou o compromiso do Goberno galego co emprendemento como un dos piares fundamentais para revitalizar o rural, atraer talento e fixar poboación. “Cando alguén quere emprender hai que darlle todas as facilidades”, indicou. Asemade, asegurou que o rural galego “ten futuro grazas a todas as persoas que apostaron e seguen apostando por el”.

Na inauguración do foro, o presidente autonómico puxo de manifesto a importancia de iniciativas coma esta para reflexionar e construír solucións que impulsen o desenvolvemento do territorio. No acto tamén estivo presente a conselleira do Medio Rural, María José Gómez.

Así pois, Rueda fixo fincapé nos esforzos da Xunta para promover un rural dinámico e innovador. Neste senso, salientou medidas como a Rede de Polos de Emprendemento, mediante a cal a comunidade xa conta con 15 centros activos que, desde 2022, prestaron asesoramento a preto de 3.000 proxectos empresariais. “O que intentamos é buscar o talento e que este non renuncie a emprender onde vive ou onde quere vivir”, apuntou.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Así mesmo, a Xunta impulsa un Plan específico e transversal para fomentar a remuda xeracional no agro. Entre outras iniciativas, conta con accións de formación, sensibilización e titorías. Uns apoios grazas aos que preto de 5.000 mozos e mozas se incorporaron a explotacións agrícolas ou gandeiras na comunidade desde 2009.

Cabe destacar tamén que todas estas e outras accións sitúan a Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025, polo que Rueda instou a seguir colaborando entre todos para transformar o potencial do rural galego en realidades concretas que xeren riqueza, emprego e benestar.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.