PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

90.000 euros para mellorar o parque empresarial do Pereiro

PorBisbarra

Martes, 17 Setembro 2024 ,
Renovouse a sinalización horizontal e vertical do parque empresarial do Pereiro de Aguiar.Renovouse a sinalización horizontal e vertical do parque empresarial do Pereiro de Aguiar.

O Concello do Pereiro de Aguiar está a executar varias actuacións de mellora do parque empresarial do municipio. Estes labores realízanse grazas á colaboración da Xunta de Galicia, que investiu máis de 90.000 euros na mellora do polígono. Segundo o Goberno local, trátase dun importante avance, xa que o parque empresarial é “o verdadeiro motor económico do noso concello”.

As actuacións consisten fundamentalmente en dous ámbitos. Por unha banda, a mellora da eficiencia enerxética, completando a instalación de tecnoloxía LED nas seccións pendentes. Así, lógrase que a totalidade do parque empresarial conte cunha iluminación máis eficiente.

Mellorouse a eficiencia enerxética instalando tecnoloxía LED en todo o parque empresarial.
Mellorouse a eficiencia enerxética instalando tecnoloxía LED en todo o parque empresarial.

Pola outra banda, a mellora das infraestruturas viarias. Neste sentido, estase a renovar e mellorar a sinalización horizontal e vertical de todo o espazo do parque empresarial, mellorando as prestacións de seguridade e imaxe.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

AMPLIACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL

Actualmente, o parque empresarial do Pereiro de Aguiar conta con máis de 700.000 metros cadrados urbanizados e con todas as súas parcelas vendidas. Así pois, está sendo obxecto dun proceso de ampliación que sumará 230.000 metros cadrados máis, converténdose nun dos grandes motores económicos da provincia.

Dende a administración local salientan que o parque acolle a preto de 100 empresas e máis de 2.000 persoas traballadoras, confirmando a súa relevancia na economía local e da bisbarra.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.