PUBLICIDADE

Convocan axudas de 19,4 millóns de euros para mellorar os servizos municipais a través da contratación

Valentín Fernández Formoso, presidente da Deputación da Coruña, anuncia a convocatoria dunha liña de axudas para mellorar os servizos dos Concellos a través da contrataciónValentín Fernández Formoso, presidente da Deputación da Coruña, anuncia a convocatoria dunha liña de axudas para mellorar os servizos dos Concellos a través da contratación

Os concellos poden solicitar as axudas da Deputación da Coruña, dirixidas á contratación de persoal, dende o pasado 21 de outubro

A Deputación da Coruña destina un total de 19.399.793 euros en axudas para os concellos da provincia a través de 15 liñas de subvencións de cara ao ano 2025. O prazo de solicitudes para os municipios interesados en optar a estas achegas está aberto dende o pasado luns, 21 de outubro.

Esta liña de axudas da deputación deberán destinarse á contratación de persoal en diferentes áreas dos concellos para reforzar os servizos municipais en cuestións vencelladas ao emprego, os servizos sociais, a cultura, o deporte, a promoción do turismo ou normalización lingüística, permitindo un dobre obxectivo: crear emprego e ofrecer mellores servizos á cidadanía.

Así, os concellos da provincia poden optar a subvencións da Deputación para a contratación, a partir do 1 de xaneiro de 2025 de especialistas en distintos sectores, como técnicos de cultura, de deportes ou de servizos sociais, persoal do servizo de axuda no fogar, axentes de igualdade de xénero, socorristas de
piscinas municipais ou equipos de limpeza de praias, entre outros moitos, o que contribúe a mellorar múltiples servizos locais.

PUBLICIDADE

As axudas permiten mellorar os servizos e xerán 1.600 empregos por ano

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que estes programas “supoñen a creación ou mantemento de 1.600 empregos ao ano nos concellos” e “favorecen o acceso aos servizos sociais, a cultura ou o deporte, de forma que os concellos máis pequenos podan contar con persoal para ofrecer servizos de calidade, ao nivel das vilas e cidades con máis poboación e recursos”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.