PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O PPdeG na Deputación solicita explicacións sobre o Plan de Subvencións 2025

O Grupo do PPdeG na Deputación da Coruña presentou un escrito para solicitar a convocatoria dun Pleno extraordinario para que a responsable de Industria dea expplicacións sobre o Plan de SubvenciónsO Grupo do PPdeG na Deputación solicita a convocatoria dun Pleno extraordinario para que a responsable de Industria e Emprego dea explicacións sobre o Plan de Subvencións

O PPdeG pide a convocatoria dun Pleno extraordinario na Deputación da Coruña para que comparezca a responsable de Industria e Emprego, Ana Rosa García

O grupo do Partido Popular de Galicia (PPdeG) na Deputación Provincial da Coruña presentou hoxe, 25 de outubro, un escrito para solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario para reclamar que a deputada socialista responsable de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente, Rosa Ana García López, ofrezca as explicacións oportunas sobre o Plan Estratéxico de Subvencións do ano 2025.

A decisión chega despois da negativa por parte do resto de forzas políticas a votar o punto tres da orde día no que se reclamaba a aprobación da comparecencia da devandita deputada, co obxectivo de que explicase algúns puntos que, segundo o voceiro popular, Evaristo Ben, poden colacar nunha “situación de nulidade” o Plan Estratéxico de Subvecións provincial para o ano 2025 aprobado co voto a favor de todos os partidos, a excepción do PP que se abstivo no pleno celebrado no mes de setembro.

Un pleno que os integrantes do grupo popular abandonaron tras a aprobación do punto trinta e sete, entenden que o punto estaba incluído na orde do día de hoxe e, por tanto, non comparten a decisión de ter que votar a urxencia para, posteriormente, aprobar ou non esta comparecencia.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

“Estamos ante unha nova argucia para impedir ou retasar o debate. As mocións tampouco se tratan nas comisións informativas e logo si se votan no pleno”, apuntou Ben, quen cuestionou o argumento esgrimido por parte do hoxe presidente do pleno, o señor Regueira, quen avalou a súa decisión en base ao criterio da Secretaria Provincial, que establece que o punto debería ser ditaminado pola comisión informativa correspondente.

“A orde do día é moi clara, aprobación da comparecencia da deputada Rosa Ana Garcia López. Se hai un erro na redacción é un tema que non é culpa nosa. Se a orde do día di iso, hai que respectalo”, indicou Ben, quen incidiu en que a súa formación non vai tolerar “máis tomaduras de pelo por parte de nadie”.

Respecto á petición da comparencencia, desde o grupo popular entenden que un goberno democrático ten a obriga de explicar o que fai, e se por iniciativa propia non da conta das súas actuacións, o lóxico, dixo Ben, é que se activen mecanismos plenarios para esixir esas explicacións.

“Trátase de coñecer os motivos dunha determinada actuación e as consecuencias que se poden derivar da mesma”, declarou o voceiro popular, quen subliñou que, na súa opinión, dá a sensación de que o Goberno Provincial quere “impoñer” o silecio tanto á oposición como aos membros da coalición gobernamental.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.