PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Energy Days reunirá en Santiago a especialistas nas últimas novidades en materia de enerxía, industria e dixitalización

PorBisbarra

Sábado, 14 Setembro 2024 , , ,
Oriol Sarmiento Díez, xerente de Cluergal

A Cidade da Cultura de Santiago acollerá do 8 ao 10 de outubro os Energy Days, un foro de debate sobre enerxía, industria e dixitalización organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).

Durante tres días, este congreso converterá a Compostela no punto de encontro dos mellores profesionais e as empresas máis innovadoras de España, que aproveitarán para presentar #ante máis de 600 especialistas os últimos avances de tres sectores craves para o presente e o futuro de Galicia e que se atopan nun estado de innovación permanente.

“Queremos que Energy Days sexa un importante foro de intercambio de coñecementos sobre todo o que teña que ver coa enerxía e a industria, abordando temáticas de gran interese como as renovables, a eficiencia enerxética, a iluminación, a mobilidade, a sustentabilidade ou a dixitalización, explica Oriol Sarmiento Díez, xerente de Cluergal.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Así, debateranse cuestións como os últimos avances e aplicacións industriais en materia de enerxía solar, biogás, hidróxeno renovable, eólica (terrestre e mariña), geotermia, biomas, comunidades enerxéticas, aerotermia… Ademais, explicaranse as vantaxes que poden conseguir as industrias galegas aplicando as últimas innovacións en cuestión de eficiencia enerxética, xestión de residuos, sustentabilidade, mobilidade, depuración, mantemento, climatización, iluminación ou coxeración.


Energy Days é unha evolución do simposium Urban Solutions, cuxas edicións celebradas en Vigo (2022) e Santiago (2023) foron todo un éxito. Se nestas dúas primeiras edicións a atención centrouse nas cidades, nesta ocasión será o sector industrial galego o foco de atención. Nestes momentos, Cluergal traballa para pechar o programa de relatorios, no que profesionais e empresas de prestixio de toda España acudirán a Santiago para analizar todo o relacionado coa transición enerxética e a transformación dixital, que está a cambiar profundamente tanto ao sector industrial como á sociedade en xeral.

A maiores contará cunha zona de exposicións, onde as empresas poderán expoñer os seus produtos e servizos, así como establecer contacto con profesionais, empresas, administracións e público en xeral.

As persoas interesadas en asistir aos relatorios e actividades que terán lugar na Cidade da Cultura do 8 ao 10 de outubro poden inscribirse a través da páxina web www.energydays.es.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.