PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ferrol disporá dun crédito de 12 millóns para executar o orzamento de 2024

PorBisbarra

Martes, 12 Novembro 2024 , , ,
O alcalde de Ferrol avanzou a adxudicación do crédito a longo prazo por case 12 millóns de euros.O alcalde de Ferrol avanzou a adxudicación do crédito a longo prazo por case 12 millóns de euros.

A xunta de Goberno local adxudicou a Cajamar Caja Rural, Sociedad Cooperativa de Crédito a concertación dunha operación de crédito a longo prazo por importe de 11.927.728,87 euros. Con este importe, a administración local poderá executar e cofinanciar os investimentos previstos no orzamento de 2024 e no proxecto de cidade.

“A esta operación de crédito presentáronse seis entidades bancarias, un número importante que acredita a nosa solvencia económica, fiabilidade e xestión financeira”, apuntou o alcalde ferrolán, José Manuel Rey Varela. Neste sentido, os seis bancos presentaron oferta para tipo de xuro variable e dous deles presentaron, ademais, para tipo de xuro fixo. “Neste contexto actual de baixada de tipos, considérase que é máis beneficioso para o concello o tipo variable, xa que está baixando e as estimacións macroeconómicas apuntan cara ese senso”, indicou o rexedor.

No anexo de investimentos do orzamento do 2024 recóllense os proxectos de gastos, así como o importe do préstamo que se destina a cada proxecto. O departamento de Intervención informou favorablemente o 29 de setembro “a concertación desta nova operación de endebedamento xa que o Concello de Ferrol cumpre os requisitos de aforro neto positivo e porcentaxe da débeda viva sobre os dereitos por operacións correntes liquidados (58,57%), deducidos da liquidación de 2023, para poder endebedarse en 11.927.728,87 euros, e financiar os investimentos previstos no seu orzamento aprobado definitivamente para o ano 2024”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O prazo da operación é de 13 anos, incluíndo tres anos de carencia. O período de liquidación de xuros e amortización será trimestral sobre a base dun ano de 365 días e o EURIBOR é de +0,33, a revisar trimestralmente. Ademais, segundo indicou a administración local, esta operación non ten comisións.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.