PUBLICIDADE

Lácteos Terra de Melide compite por ser o mellor Queixo 2026

PorBisbarra

Venres, 10 Abril 2026 , ,

Os queixos de Lácteos Terra de Melide competirán na categoría “vaca joven leche cruda/pasteurizada” na final do XVI Campionato dos Mellores Queixos de España de 2026, GroumetQuesos, que se vai celebrar en Madrid o próximo luns 13 de abril.

O produto melidense compite nun concurso no que se presentaron máis de 800 mostras, avaliadas por 64 xuíces profesionais ao longo de dúas fases clasificatorias.

Este campeonato está considerado o máis prestixioso de España adicado ao sector queixeiro, GroumetQuesos volveu reunir nesta edición os mellores queixos do panorama nacional, valorando en cada mostra aspectos como a cortiza, a cor, a textura, o aroma ou o sabor.

PUBLICIDADE

Salvador José Carreira, responsable de Lácteos Terra de Melide, apuntou que “ estamos moi contentos que o noso produto volte ter un recoñecemento a nivel nacional. Os nosos queixos, feitos na parroquia de Orois en Melide compiten nunha final de alto nivel, poñendo en valor o rural galego e o traballo do noso día a día. O noso negocio familiar aposta pola calidade e este tipo de acontecementos non fan máis que darnos a mellor recompensa de todas¨

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.