PUBLICIDADE

Luis López defende no Parlamento un orzamento de 239 millóns de euros para a provincia de Pontevedra

O dirixente reivindica o compromiso da Deputación coas cidades: “Non somos nin seremos unha Deputación de 2 cidades ou de 59 pequenos concellos. Somos a Deputación de toda a provincia de Pontevedra, dos 61”

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, comparece por terceiro ano consecutivo no Parlamento de Galicia para presentar o orzamento do organismo provincial para o vindeiro ano 2026. Unha intervención na que o dirixente informou do contido dunhas contas que aumentan nun 13,6% para situarse nos 238,6 millóns de euros —243M€ na versión consolidada— e que volven ter a cooperación cos 61 concellos da provincia e o impulso ao deporte, ao turismo e ás infraestruturas como os principais piares. “Desde o 1 de xaneiro de 2026 a Deputación de Pontevedra disporá de 238,6 M€, unha suba de preto de 29 M€ con respecto ao pasado ano. Son os máis altos da historia da provincia e, alén da contía global, volven reforzar os principais eixos de goberno da nosa institución”, remarcou o presidente López. Diante de representantes dos tres grupos políticos con representación na cámara autonómica, o mandatario provincial debullou os detalles das principais liñas do orzamento comezando pola principal, “o eixo número un é o financiamento dos concellos”. Neste ámbito, López salientou que “novamente o orzamento volve destinar un de cada tres euros a apoiar os investimentos, a creación de emprego ou o pago de facturas por parte dos concellos; tres tarefas que, a día de hoxe, poden ser extremadamente difíciles para algúns”.

Neste sentido, fixo fincapé en que a principal competencia da Deputación é a asistencia aos concellos con menos recursos. “Nada nos desvía daquilo que xustifica a propia existencia dos gobernos provinciais: a atención aos pequenos e medianos municipios, que en Pontevedra son 59 de 61. Serán eles, os de menos de 50.000 habitantes, os que se beneficien dunha inxección sen precedentes de 128 M€”, defendeu facendo referencia ao financiamento de servizos como o SAF ou a asistencia á hora de redactar informes e proxectos como a programas impulsados polo seu goberno pensados para estes concellos como o +Provincia, que acada a cifra inédita de 50M€ e por primeira vez permitirá anticipar fondos da anualidade do 2027; o segundo Plan Extra (35M€) ou o terceiro Plan Extraoridnario de Infraestruturas Deportivas (8M€

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.