PUBLICIDADE
O delegado do Goberno, Pedro Blanco, duranta a súa comparecencia para facer balance do impacto en Galicia das politicas do Executivo españolO delegado do Goberno, Pedro Blanco, duranta a súa comparecencia para facer balance do impacto en Galicia das politicas do Executivo español

O delegado fixo balance do impacto en Galicia das accións postas en marcha polo Goberno para garantir o dereito do acceso á vivenda, e matizou que o Executivo “financia dous de cada tres euros investidos en vivenda pública”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, revindicou unha vivenda digna para os galegos e as galegas durante a presentación do balance do impacto na Comunidade das medidas e políticas postas en marcha polo Executivo que preside Pedro Sánchez. Unhas iniciativas, que segundo explicou Blanco, teñen como obxectivo garantir o dereito constitucional do acceso á vivenda, covertendo este dereito no quinto piar do estado do benestar.

Pedro Blanco puxo en valor o traballo do Gobierno de España coas políticas de vivenda, das que “financia dous de cada tres euros investidos en vivenda pública en Galicia”, e precisou que estes orzamentos, que procenden do Plan Estatal de Vivenda e do Plan de Recuperación, “son exemplo da cogobernanza que o Goberno segue naquelas políticas que son competencia das Comunidades Autónomas, como é a vivenda. Uns fondos que en Galicia a Xunta destina a súa política de vivenda pública”.

Esta prioridade de garantir o dereito do acceso á vivenda do Goberno tradúcese en normativa, como a aprobación da primeira Lei de Vivenda da democracia, e, sobre todo, en investimentos, que en Galicia “están a posibilitar coa construción e adquisición de 1.500 vivendas para alugueiro asequible e a rehabilitación de máis de 18.500 vivendas”.

PUBLICIDADE

Transparencia e vontade do Goberno

Pedro Blanco tamén sinalou que o Goberno está presente en todas os programas públicos vencellados á vivenda: “no bono aluguer para os mozos e mozas, no bono de alugueiro social, nas axudas a compra de vivenda en municipios do rural, na adquisición de vivenda para alugueiro social; na construción de novas vivendas; ou na rehabilitación de vivendas, edificios e barrios”.

O delegado do Goberno en Galicia destacou tamén a “boa resposta destas convocatorias, que fai que se esgote o crédito dispoñible”, e lamentou que sexa precisamente nestes programas, como o bono alugueiro mozo, as axudas en municipios do reto demográfico e a rehabilitación enerxética, “nos que a Xunta non complemente con fondos propios aos que aporta o Goberno, ou o faga dunha maneira exigüa”.

“Ao igual que o Goberno de España fai un esforzo extraordinario, a Xunta debe esforzarse tamén e completar con fondos propios as liñas máis demandadas. Teñen os recursos, só se necesita vontade política” (Pedro Blanco, delegado del Gobierno en Galicia)

No que respecta aos alugueres, Pedro Blanco destacou que as declaracións de zonas tensionadas para o mercado do alugueiro xa están a ter efectos positivos nas comunidades autónomas que solicitaron esta medida. Lembrou que esta declaración beneficia tanto ás persoas propietarias como inquilinas, en desgravacións fiscais ás primeiras e en aforro ás segunda, e que en Galicia xa hai cidades que están traballando nestas declaracións. O delegado do Goberno pediulle á Xunta que aplique a Lei de Vivenda e favoreza as declaracións de zonas tensionadas, xa que o contrario “sería unha irresponsabilidade”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.