PUBLICIDADE

O empresariado de Ordes recibe asesoramento sobre axudas e os Fondos de Transición Xusta

O acto tivo lugar no auditorio Camen Regueira Amor

A directora xeral do IGAPE, Covadonga Toca, xunto co alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, foron os encargados de darlles a benvida aos empresarios e comerciantes que se achegaron ata o auditorio Camen Regueira Amor para participar na xornada informativa Axudas e Instrumentos de Apoio para as Empresas.

No acto os Fondos de Transición Xusta ocuparon boa parte do tempo dedicado tanto ao relatorio como á rolda de preguntas que se levou a cabo posteriormente. As persoas encargadas de dar a coñecer as vantaxes destas achegas foron Norberto Penedo e Alberto Vivero, directores das áreas de Competitividade e Financiamento do IGAPE, respectivamente.  

Esta xornada foi levada a cabo conxuntamente pola Xunta de Galicia e o Concello de Ordes, estando cofinanciada pola Unión Europea.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.