PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Verea avoga por “utilizar a riqueza do turismo para acelerar a rehabilitación dos cascos históricos”

PorBisbarra

Sábado, 14 Setembro 2024 , , ,
Critica a “falta de credibilidade do BNG ao falar das vivendas de uso turístico”

O portavoz de Turismo do Grupo Popular, Borja Verea, asegurou no Pleno do Parlamento galego que o BNG “carece de credibilidade algunha sobre as vivendas de uso turístico, xa que hoxe propón limitalas, cando non eliminalas, e non hai moito tempo pedían legalizar pola porta de atrás un milleiro de vivendas turísticas en Santiago”.

Borja Verea insistiu que desde o PPdeG “queremos utilizar a riqueza e a forza do turismo para acelerar a rehabilitación dos cascos históricos e para mellorar a planta residencial das zonas históricas, aproveitando intelixentemente o turismo para conseguir máis e mellores vivendas rehabilitadas no casco histórico”.

“Fronte a esta posición clara do PPdeG, o modelo do PSdeG é prohibir toda actividade económica relacionada co turismo, porque cren que así haberá máis vivenda; e desde o BNG son capaces de propoñer unha cousa e a contraria”, sinalou. Neste sentido, afirmou que os nacionalistas “non están en contra da masificación turística, porque o que non soportan é a socialización do turismo e o que queren é que aquí so poidan viaxar os ricos”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O portavoz popular lembrou que “en Galicia leva décadas habendo milleiros de apartamentos vacacionais, especialmente nos concellos costeiros, e o que aconteceu a partir de 2017 foi que a Xunta obrigou a todas estas vivendas a darse de alta no rexistro”.

Ademais, sinalou que desde o BNG “culpan da alza de prezos do alugueiro nas cidades ás vivendas de uso turístico”, ante o que cuestionou “como Santiago, que cualifican de zona cero das vivendas de uso turístico e a cidade galega máis castigada, sexa a cidade na que menos subiron os prezos do aluguer da vivenda”.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.