O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, propón a creación dun programa de atracción de investimentos que logre recuperar o protagonismo internacional de Santiago, aproveitado as sinerxías da lusofonía. Para o popular, ”é claro que o noso obxectivo pasa por volver a colocar á capital de Galicia ao nivel que a cidade merece, para isto, fai falla un brazo político ambicioso que está claro que hoxe non existe”.
Verea incidiu en que é imprescindible que Compostela recupere o seu protagonismo internacional, “abrirse ao mundo, porque está na nosa esencial e non debemos perder máis tempo pechados en nós mesmos”.
Para o popular, “hai que traballar na eliminación de fronteiras e a reunificación de pobos irmáns, por exemplo como Galicia e Portugal, que suporía unha achega de 9 millóns de persoas no eixo Ferrol- Lisboa, o que nos converte nunha macrorrexión superior ao que poder ser Holanda e Bélxica.
“A punta de lanza desta integración imparable están sendo os operadores económicos, xa que as exportacións de Galicia a Portugal incrementáronse en 20 anos de 1.400 millóns a 3.700, supoñendo un 27% da exportación total galega”, subliñou.
Así, insiste, “é inconcibible que deixemos pasar unha oportunidade como isto ou prefiramos que o desenvolvan outras administracións, porque nós si cremos que Santiago ten todo o que se necesita para poder poñer en marcha unha estratexia política ambiciosa para converternos nunha porta de entrada alternativa a Lisboa e construír unha cidade aberta, dinámica e creativa”.
“O BNG parece estar instalado na política de botar balóns fóra e responsabilizar a outras administracións do traballo que eles deben levar a cabo, sen poñer en marcha medidas ambiciosa que convertan á nosa cidade nun punto de referencia a nivel internacional, tanto no eido do turismo como noutras materias”, destacou.
Verea remarcou que “é fundamental facer unha oposición útil, amosando así que seremos un goberno útil, por iso traemos propostas concretas fronte ás habituais declaracións ocas deste goberno”.