PUBLICIDADE

Castrelo de Miño recibirá máis de 1,4 millóns de euros provinciais neste mandato

O presidente da Deputación de Ourense visitou Castrelo de Miño para comprobar o resultado de varias intervencións ao abeiro do Plan CooperOU.O presidente da Deputación de Ourense visitou Castrelo de Miño para comprobar o resultado de varias intervencións ao abeiro do Plan CooperOU.

O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, visitou o municipio de Castrelo de Miño en compañía de membros da Corporación, liderados polo alcalde, Avelino Pazos. O obxectivo da visita era coñecer directamente o resultado de diferentes obras e actuacións realizadas grazas ao Plan de Cooperación, posto en marcha pola institución ourensá.

Tal e como sinalou Menor, o Concello de Castrelo de Miño percibirá máis de 1,4 millóns de euros durante este mandato a través do Plan CooperOU e doutras axudas. “Acometeranse obras e prestaranse novos servizos para atender as demandas deste concello”, sinalou Menor.

Durante o percorrido, acompañados por veciños e veciñas da zona, visitaron as melloras realizadas na estrada provincial OU-304, unha das máis transitadas deste municipio e que este ano abordarán a súa terceira fase de actuación. O presidente provincial destacou que esta vía xa ten comprometidas máis axudas da Deputación.

PUBLICIDADE
O presidente provincial estivo acompañado pola corporación municipal e a veciñanza de Castrelo de Miño.
O presidente provincial estivo acompañado pola corporación municipal e a veciñanza de Castrelo de Miño.

Menor tamén coñeceu as obras na cuberta do anexo para vehículos situada ao lado da casa consistorial. Esta actuación permite que os vehículos municipais non estean a intemperie. O percorrido continuou coa visita á nova depuradora do municipio, trala demolición da antiga.

Despois, o presidente provincial coñeceu, da man da veciñanza, o novo aspecto do centro social da Asociación Castro de Santa Lucía de Freás, grazas á subvención da Deputación de Ourense para mellorar as súas instalacións.

“Os veciños poden desfrutar dun espazo para levar a cabo actividades culturais e de lecer”, sinalou o presidente provincial trala visita ao local social, destacando o valor deste espazo como “punto de encontro” para a veciñanza.

Pola súa banda, o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, agradeceu a implicación da Deputación de Ourense, “clave” para abordar proxectos e servizos fundamentais para o seu municipio.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.