O polideportivo municicipa de Ponte Carreira acolleu a gala anual nunha xornada lúdica non competitiva na que participaron ximnastas procedentes de seis escolas deportivas de Frades e da súa contorna
O polideportivo municipal de Ponte Carreira acolleu, onte domingo 4 de maio, a Gala da Ximnasia Rítmica do Concello de Frades, na que tomaron parte máis dun cento de nenas procedentes de seis escolas deportivas do municipio e da súa contorna. Unha xornada de carácter lúdica e non competitiva na que as nenas puideron amosar os coñecementos adquiridos ao longo deste curso.
O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos Bra, foron os encargados de entregar cadansúa medalla a todas as ximnastas participantes, así como unhas lambonadas.
Os seis equipos participantes foron: Ximnasia Rítmica Frades, Ximnasia Rítmica Mesía, Ximnasia Rítmica Carral, Ximnasia Rítmica Mórrigan Brexo Lema (Cambre), Ximnasia Rítmica Mórrigan Vilaboa (Culleredo) e Ximnasia Rítmica Mórrigan Betanzos.







