PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Ferrol solicitará a cesión de tres parcelas ao IGVS para crear aparcamentos disuasorios

O alcalde de Ferrol informou da decisión tras a xunta de Goberno local.O alcalde de Ferrol informou da decisión tras a xunta de Goberno local.

O Goberno de Ferrol deu inicio á solicitude de cesión gratuíta de tres parcelas que son titularidade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Así o informou o alcalde, José Manuel Rey Varela, tras a xunta de Goberno local celebrada esta mañá. Segundo o rexedor, trátase dun “punto clave para o desenvolvemento do proxecto Abrir Ferrol ao mar”, que fomentará a rexeneración urbanística da cidade.

Ditas parcelas sitúanse nos barrios de Esteiro e Caranza. Así, sumaranse á rede de estacionamentos disuasorios cos que se dotará o novo espazo verde da cidade. Nesta liña, no Porto xa se está a finalizar o segundo aparcadoiro. Corresponden á segunda fase do proxecto urbanístico, é dicir, o treito do entorno do Arsenal e estaleiros con Esteiro. Neste tramo, duns 600 metros de lonxitude, conflúen os principais eixos de mobilidade sostible da cidade.

Así, a primeira das parcelas corresponde ao terreo contiguo ao Cuartel de Dolores, na estrada de circunvalación, nunha finca coñecida como a do “1008”, entre as rúas Colón e a Avenida Mac-Mahon. Dispón dunha superficie total de 7.167 metros cadrados, o que permitirá a ampliación de senda peonil, ciclista e a humanización da contorna.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

As outras dúas emprázanse no entorno de Telleiras e Caranza, tamén co obxectivo de dotar ese novo treito con aparcadoiros disuasorios. Trátase da parcela fronte ao tanque de tormentas próximo ao Auditorio, concretamente na rúa Fonte da Greza, cunha superficie de 1.376 metros cadrados; e outra situada na mesma rúa e cunha superficie de 1.129 metros cadrados.

A previsión é que entre ambas parcelas a contorna gañe unhas cen prazas de aparcamento.

UN FERROL MÁIS VERDE E CON MENOS TRÁFICO

A creación desta rede de aparcamentos disuasorios contribuirá a reducir o impacto ambiental nos tres eixos principais da mobilidade sostible que persegue o ambicioso proxecto: redución do tráfico no centro urbano, fomento do uso do transporte público e aforro enerxético. Ao mesmo tempo, dotarase de servizo aos barrios.

A cesión do uso das parcelas contémplase no obxecto do convenio de colaboración entre a Axencia de Infraestruturas e o Concello de Ferrol, asinado o 29 de decembro do 2023.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.