PUBLICIDADE

Greenfiber incorpórase ao consello asesor da CEL

PorBisbarra

Mércores, 29 Xaneiro 2025 , , ,
José Pina e Jaime López.

Greenfiber, filial do grupo Altri en Galicia para desenvolver a fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei, dá un novo paso no seu proceso de asentamento e compromiso na comunidade incorporándose ao consello asesor da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).

Unha adhesión que foi subscrita por Jose Pina, CEO de Altri, e Jaime #Luis Lopez Vázquez, secretario xeral da CEL. Este compromiso súmase ao anuncio do acordo para a adquisición a Smarttia de Greenalia Forest, unha das principais empresas do sector forestal na comunidade, e de Greenalia Logistics, realizado a semana pasada e que reflicte o compromiso de Altri co desenvolvemento sostible e a valorización dos recursos naturais de Galicia.

 Para Jose Pina “a incorporación ao consello asesor da CEL é un paso lóxico no noso compromiso coas comunidades locais, neste caso co desenvolvemento económico e social de Lugo. Queremos sumar e fomentar a creación de emprego de calidade e poñer valor un sector tan fundamental para Lugo como é o forestal.” Pola súa banda, para Jaime López “o proxecto GAMA é unha oportunidade para a provincia de Lugo que non podemos deixar escapar”.

PUBLICIDADE

O Consello Asesor da CEL é un organismo interno da organización empresarial que agrupa empresas e entidades con presenza na provincia de Lugo que, pola súa especial traxectoria, dimensión, actividade ou calquera outra circunstancia, constitúense en grupo de apoio, análise, debate e fonte de propostas para a CEL.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.