PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Teo aprobará a cesión dunha parcela para a construción de vivendas de promoción pública

PorBisbarra

Mércores, 29 Xaneiro 2025 , ,
Concello de Teo

O Pleno do Concello de Teo aprobará hoxe a cesión gratuíta á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia dunha parcela para a construción de vivendas de promoción pública. Así, a parcela está situada na rúa Cernadelo, no lugar das Galanas, parroquia de Calo.

Trátase dunha parcela cunha superficie de 1.985,10 metros cadrados, que segundo o planeamento municipal, está destinada á construción de vivenda plurifamiliar e que forma parte do Patrimonio Municipal do Solo creado polo Concello mediante acordo plenario do 29 de outubro de 2008.

Tal e como se recolle na Proposta, esta cesión gratuíta redunda de maneira evidente e positiva en beneficio dos habitantes do termo municipal na medida en que a construción de vivenda é un dereito dos cidadás e unha obriga das Administracións Públicas, tendo a súa execución un impacto positivo e evidente para os habitantes do Concello.

PUBLICIDADE

Unha vez aprobada esta Proposta polo Pleno do Concello, que terá lugar este xoves ás 20.00 horas, someterase o expediente a información pública polo prazo de vinte días mediante o seu anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, para que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren pertinentes. No caso de que non houbera ningunha alegación, o acordo quedará definitivamente adoptado e farase público no BOP da Coruña.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.