PUBLICIDADE
Imaxe desta mañá en Brión

A praza do Concello de Brión acolleu este mediodía un minuto de silencio en sinal de dó polo tráxico falecemento dunha menor de idade este mércores no municipio. A concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, deu paso ao minuto de silencio sen ningún tipo de intervención. O acto rematou cun sonoro aplauso.

Entre as persoas presentes, ademais de veciños e veciñas do municipio, figuraban concelleiros dos tres grupos municipais de Brión (PSOE, PP e BNG); o alcalde de Ames, Blas García; representantes do Posto da Garda Civil, Policía Local, Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión e persoal municipal do Concello de Brión.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.