PUBLICIDADE

O PP de Melide urxe ao Concello a ampliar o espazo do cemiterio municipal

PorBisbarra

Xoves, 11 Decembro 2025 , , , , ,
Imaxe aportada polos populares de Melide sobre o estado do cemiterio municipal

O PP de Melide solicita que se atenda con urxencia “a falta de nichos disponibles no cemiterio municipal, o cal está xerando gran preocupación e incerteza entre as familias melidás”.  

Ante esta problemática, dende o Partido Popular apuntan que “entendemos que o Concello debe actuar rapidamente e proceder á ampliación de espazos libres do cemiterio municipal, toda vez que existen os terreos anexos ao cemiterio municipal de Furelos para dar resposta a esta cuestión. Isto é unha cuestión transversal que afecta a todos e que se debe solucionar de inmediato. De feito, que teñamos chegado ata aquí só responde a unha falta de previsión total e absoluta por parte do Goberno local, sendo algo previsible e sabendo que non se esgota o espazo dun día para outro”.

Engaden que “ademais, aproveitamos a moción para denunciar, como xa fixemos noutras ocasións, o deficiente nivel de mantemento e coidado dos cemiterios municipais, cuxo estado é completamente vergoñento. Entendemos que xa está ben de que a imaxe das instalación municipais sexa sempre tan lamentable. Nesta dirección, reiteramos ao tripartito local a necesidade de prestar atención ao mantemento destas intalacións, toda vez que son os usuarios delas, os veciños, os principais damnificados por esta desidia diaria na xestión”.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.