PUBLICIDADE

A Xunta colabora co Toques na rehabilitación da Escola de Cabana e no acondicionamento da igrexa de San Martiño de Oleiros

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asinou co alcalde, José Ángel Penas García, o convenio para o financiamento destas dúas actuacións.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou co alcalde do Concello de Toques, José Ángel Penas García, dous convenios de colaboración para o financiamento destas dúas actuacións. No acto de sinatura tamén estivo presente a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire.

Trátase da concesión de dous préstamos, sen xuros, do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes, que suman un importe total de 140.000 euros, 70.000  euros para cada unha das actuacións.

En concreto, a través destes préstamos, o Concello de Toques poderá executar as actuacións necesarias para executar as obras de rehabilitación da Escola unitaria da Cabana, sita na parroquia de Santa Maria de Ordes, para destinala a vivenda accesible, así como os traballos necesarios para o acondicionamento do entorno da igrexa de San Martiño de Oleiros, de estilo románico e elemento patrimonial relevante, especialmente no contexto dos Camiños de Santiago, ao formar parte do Camiño Primitivo.

PUBLICIDADE

No caso concreto da actuación na escola unitaria, as obras centraranse en reformar por completo o edificio para que poida albergar dúas vivendas accesibles, unha na planta baixa e outra na planta alta, mellorando tamén a súa imaxe exterior.

INTERVENCIÓNS NO ENTORNO DA IGREXA DE SAN MARTIÑO DE OLEIROS

Pola outra banda, as intervencións no entorno da Igrexa de San Martiño concentraranse en ordenar e mellorar o espazo público arredor da igrexa e do cruceiro, creando unha contorna máis segura, accesible e agradable. Destaca así, tamén, a habilitación dunha zona verde de lecer para a veciñanza e a mellora dos accesos ao cemiterio e ás vivendas próximas.

Estas intervencións desenvolverase mediante esta iniciativa da Xunta que está destinada a financiar obras de conservación de patrimonio, rexeneración urbana ou adquisición de inmobles para rehabilitar en municipios con poboación máis pequena.

Este préstamo, a devolver en 8 anos, correspóndese á convocatoria 2025 desta liña de achegas, dotada dun total de 3,7 millóns de euros.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.