Nun comunicado do PP de Santiago logo do incendio producido no barrio de Pontepedriña onde so puideron acudir dous bombeiros do parque de Compostela, e ter que avisar o 112 para pedir ayuda, onde acudiu o GES de Brión e o do parque provincia de bombeiros de Ordes, primeiro agradecen aos bombeiros de Santiago que hoxe puxeron a súa vida en perigo e demostraron a súa reponsabilidade acudindo a un incendio cun equipo insuficiente, tamén os efectivos de Brión e Ordes para poder evitar unha traxedia.
No comunicado se preguntan se o goberno de BNG e CA, apoiado polo PSOE, teñen a cidade nunha situación límite. ¿Qué máis ten que pasar? Pedimos a dimisión inmediata da alcaldesa Goretti Sanmartín máxima culpable desta situación de caos, desorde e por poñer en risco a vida dos santiagueses.
Tamén din que faran a Goretti Sanmartín responsable penalmente responsable do dano persoal que poida sufrir calquera cidadán ou bombeiro por culpa da súa neglixente inactividade para resolver un problema que só require a vontade política de resolvelo.



