PUBLICIDADE

Roberto García renova como secretario xeral de unións agrarias

PorBisbarra

Sábado, 17 Maio 2025

A organización Unións Agrarias renovou os seus órganos de goberno no marco do 12º Congreso Nacional que tivo lugar en Santiago de Compostela.

Esta asamblea contou con cen delegados de todo galicia, o lema elixido foi “Sementando presente para alimentar o futuro” co que se intentaron por a importancia de manter un rural vivo a través dunhas rendas dignas para uns produtores e produtoras.
A nova CENG, que recibiu o apoio do 94,4% dos delegados e delegadas, queda composta por Roberto García, secretario Xeral, Félix Porto Serantes, vicesecretario Xeral, Javier López Iglesias, secretario de Organización, Administración e Área Interna, Cristóbal Touriñán Novoa, secretario de Vacún de Leite e Xuventude, Herminia Barazal Vivián, secretaria de Gandería, Mónica Penas González, secretaria de Desenvolvemento Rural e Cambio Climático, Eva Bermúdez Pulleiro, secretaria de Agricultura e Dixitalización, Mª José Fernández Veiga, secretaria de Igualdade e Innovación, Begoña Liñares García, secretaria de Migración e Emprego Agrario.

Secretario Xeral no centro acompañado da comisión executiva

No acto de inauguración participaron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o secretario xeral de UPA, Cristóbal Cano, o presidente da Deputación de A Coruña, Valentín García e o delegado do Goberno, Pedro Blanco. Pola súa parte no acto de clausura tomaron a palabra a conselleira de Medio Rural, Mª José Gómez, o secretario xeral do PSdeG Ramón Gómez Besteiro.

PUBLICIDADE

Nas súas palabras, na clausura o reeelxido líder de Unións Agrarias fixo un repaso das distintas problemáticas que afrontan os sectores produtivos galegos, que en xeral pasan pola falta dun marco normativo firme que lle permita compertir a viticultores, gandeiros ou produtores de horta en pe de igualdade cos de outras zonas agropecuarias da UE que si os teñen articulado.

Alfonso Rueda destacou o compromiso da Xunta co agro galego

O presidente destacou o apoio da Xunta ao asociacionismo agrario. Neste sentido, o orzamento destinado a estas organizacións polo Goberno galego experimenta en 2025 un incremento próximo ao 17%, acadando os 700.000 euros. Unha decisión que responde á vontade do Goberno galego de acompañar ás entidades que traballan no territorio a través de accións concretas como o asesoramento técnico, a formación, a defensa dos intereses dos produtores e a promoción da súa actividade.

O presidente incidiu na importancia do diálogo da Administración con as asociacións: “Cando falamos de que queremos facer as cousas ben, escoitar a organizacións como a que hoxe celebran este congreso é das cousas que probablemente nos permita acertar”, apuntou o presidente.

A remuda xeracional foi outro tema dos que falou o presidente Rueda: “Todo o que temos por diante respecto á remuda xeracional nas nosas explotacións é fundamental. Hai que respectar o que nos identifica e hai que buscar semente nova, para garantir que todo o que fixemos ata o de agora non só se manteña, senón que mellore”, subliñou.

Neste ano 2025, a Xunta resolveu a convocatoria de 2024 das axudas para incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e apoio a pequenas explotacións, cun investimento global de 46 millóns de euros. Estes fondos permitiron apoiar máis de 320 mozos, 133 novos agricultores e 370 explotacións galegas.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.