PUBLICIDADE

A 63ª Festa do Pulpo do Carballiño presenta o seu cartaz, obra da artista local Ari Quintas

A 63ª Festa do Pulpo do Carballiño presentou o cartaz desta nova edición obra da artista local Ari Quintas e que dá conta do irmandamento coa vila italiana Noventa PadovanaA 63ª Festa do Pulpo do Carballiño presentou o cartaz desta nova edición obra da artista local Ari Quintas e que dá conta do irmandamento coa vila italiana Noventa Padovana

O cartaz da Festa do Pulpo 2025 dá conta do irmandamento do Carballiño coa vila italiana Novena Padovana, á que se lle adica esta nova edición, cunha alusión que lembra “á pasta italiana”

A Festa do Pulpo 2025 xa presume de cartaz. Onte, o Parque Municipal do Carballiño acolleu a presentación da imaxe desta 63ª edición, realizada pola artista local Ari Quintas. O cartaz dá conta do irmandamento do Carballiño coa vila italiana Noventa Padovana, á que se lle dedica esta edición.

“A idea é que o pulpo nos lembre á pasta italiana e, polo tanto, á relación entre ambas localidades”, explicou a propia Ari Quintas, que xa leva oito anos colaborando na ilustración da Festa do Pulpo, e que estivo acompañada na presentación do cartaz polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; e polos concelleiros Manuel Dacal, Diana González, Diego Fernández e Miguel Fernández, entre outros.

O responsable de Turismo, Manuel Dacal, convidou á poboación a achegarse ata O Carballiño e gozar do día grande, o 10 de agosto, e do resto da programación, que este ano amplíase ata os 20 días, con propostas culturais e gastronómicas.

PUBLICIDADE

A Festa do Pulpo do Carballiño conta co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional dende o 2022. “É un dos actos máis importantes da nosa terra, da nosa Galicia”, salientou o edil de Turismo. O concelleiro e o alcalde avanzaron o cambio de localización das tabernas co obxectivo de mellorar a experiencia do público. “Vai ser un espazo máis moderno”, apuntou Dacal.

A 63ª Festa do Pulpo do Carballiño presentou o cartaz desta nova edición obra da artista local Ari Quintas e que dá conta do irmandamento coa vila italiana Noventa Padovana

Francisco Fumega lembrou tamén a importancia de fomentar a sustentabilidade deste evento, ao que se achegan miles de persoas cada ano. “Esta será a terceira edición na que non utilicemos plásticos”, sinalou o alcalde que destacou a aposta do Concello por reducir o impacto ecolóxico da celebración, así como a afectación da contorna.

Nesa liña, o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, e Manuel Pardo, delegado da Xunta en Ourense, puxeron énfase no entorno “privilexiado” no que se leva a cabo a Festa do Pulpo, e destacaron o valor da colaboración entre institucións para levar a cabo esta celebración, “que chega á terceira idade pero coa forza da xuventude”, precisou Manuel Pardo.

A 63ª Festa do Pulpo do Carballiño presentou o cartaz desta nova edición obra da artista local Ari Quintas e que dá conta do irmandamento coa vila italiana Noventa Padovana
A autora, Ari Quintas, co seu cartaz da 63ª Festa do Pulpo do Carballiño
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.