PUBLICIDADE

A Festa da Filloa de Lestedo estréase como de Interese Turístico Nacional

Presentación da XLII edición da Festa da Filloa de Lestedo e o Alto dos Xenerais da Ulla no CIFP CompostelaPresentación da XLII edición da Festa da Filloa de Lestedo e o Alto dos Xenerais da Ulla no CIFP Compostela

A XLII edición da Festa da Filloa de Lestedo, que foi presentada hoxe, terá o seu día grande o domingo 9 de marzo, nunha xornada na que se incluirá un xantar con cocido de Lalín

A Festa da Filloa de Lestedo e o Alto dos Xenerais da Ulla botaron hoxe a andar, no CIFP Compostela, coa presentación do programa dunha XLII edición que estrea a denominación de Festa de Interese Turístico Nacional. O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, participiou nun acto no que tamén interviron o presidente da Asociación Cultural da Filloa, José Manuel Canabal, a directora de Promoción da Axencia de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o director do CIFP Compostela, Ramiro Esparís; e a actriz e presentadora María Mera.

Unha das grandes novidades da edición deste ano da Festa da Filloa, despois do recente irmandamento entre os Concellos de Lalín e Boqueixón, é que se servirá un cocido de Lalín no xantar do día grande da festa, o domingo 9 de marzo, tal e como explicaron durante unha presentación na que se informou tamén do “comezo dunhas intensas semanas de promoción e programación paralela, e que por primeira vez na historia da festa levarán as filloas fóra da provincia da Coruña”.

A primeira das actividades do programa da Festa da Filloa fóra da provincia desenvolveuse o pasado sábado co gallo do acto de irmandamento coa Feira do Cocido de Lalín, no que se desenvolveu unha degustación e un showcooking a cargo de Xosé Manuel Mallón, no marco da IV Feira Internacional de Apicultura de Lalín.

PUBLICIDADE

Ademais, o domingo 23 de febreiro, cumprindo co acordo de irmandamento, un grupo de Xenerais e Xeneralas da Ulla viaxará ata a capital do Deza para participar no desfile e desenvolver un atranque durante a LVIII Feira do Codido de Lalín.

O 28 de febreiro a Festa da Filloa de Lestedo chega ao Centro Comercial El Corte Inglés, no que se desenvolverán as xa tradicionais Xornádas Gastronómicas da Filloa, os días 28 de febreiro, e o 1, 3 e 4 de marzo en horario de 13:00 a 16:30 horas, no que se ofrecerá unha degustación gratuíta de filloas con cada consumición.

O sábado 1 de marzo será a quenda da Festa da Filloíña que comezará ás 16:30 horas no campo da feira de Lestedo, coas actuacións dos grupos Os Campiños de Sarandón, As Travesas de Codeso, Pena Maior de Marrozos, Cantigas e Agarimos, Lucerniñas e Solleirada. O alumnado do CPI Antonio Orza Couto será o encargado de dar o pregón infantil ás 18:00 horas; 15 minutos despois chegarán os Atranques de Xeneraliños da Ulla, e o concurso de disfraces poñerá o broche a Festa da Filloíña.

A Festa da Filloa tamén inclúe no programa un total de cinco showcooking que terán lugar no local social de Lestedo, o primeiro deles será o día 2 de marzo impartido polo cociñeiro Alberto Lareo baixo o título Orixes Galegas. Ao día seguinte, ás 19:00 horas, o chef lalinense Álex Iglesias elaborará receitas con filloas de Lestedo aproveitando as sobras do cocido de Lalín.

A Escola Fiolleira, dirixida á mocidade, abrirá as súas portas o 5 de marzo ás 17:00 horas, na que o chef Xosé Manuel Mallón transmitirá á rapazada, de 10 a 18 anos, os valores culinarios da filloa. O propio Mallón dirixirá, xunto ao cociñeiro Roberto Filgueira, unha nova edición de Lestedo sen glute, ás 19:00 horas. Tamén, durante este mes de febreiro, desenvolverase o Concurso Fotográfico Filloarte, aberto á participación de todas as persoas.

Presentación da XLII Festa da Filloa de Lestedo e o Alto dos Xenerais da Ulla no CIFP Compostel
Presentación da XLII Festa da Filloa de Lestedo e o Alto dos Xenerais da Ulla no CIFP Compostela

O Filloa Folk subirá ao escenario do campo da feira de Lestedo, a partir das 18:00 horas do sábado 8 de marzo, a Parranda de Entroido, a Luz de Ilicinio, aos Melidaos, e Ailá que pechará o festival na noite previa á celebración do día grande desta XLII Festa da Filloa de Lestedo.

Domingo de Piñata, día grande da festa

Co acendido das máquinas fiolleiras, ás oito da mañá, darase o pistelotetazo de saída a unha xornada na que se elaborarán 2.000 filloas cada hora, e contará co pregón a cargo da veciña de Pazos e directora do informativo Galicia por Diante Fin de Semana de Radio Galega, Isabel Pichel.

O domingo de Piñata tamén se desenvolverán as actuacións dos grupos musicais da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, o VIII Gran Desfile Intermunicipal e o Gran Alto dos Xenerais da Ulla; unha sensión vermú a cargo do Grupo Ibiza, un xantar cun cocido de Lalín ou, entre outros e para pechar a festa, unha gran verbena popular co grupo Origen e a orquestra París de Noia.

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.