PUBLICIDADE

A Festa do Queixo abre o prazo de inscrición para os expositores exteriores

A Festa do Queixo de Arzúa, que este 2026 suma a súa 51ª edición, vén de abrir o prazo de inscrición para os expositores exterioresA Festa do Queixo de Arzúa, que este 2026 suma a súa 51ª edición, vén de abrir o prazo de inscrición para os expositores exteriores

A Festa do Queixo de Arzúa, que este 2026 celebra a súa 51ª edición, abre o prazo de inscrición para os expositores exteriores, unha das apostas da organización na pasada edición. O obxectivo, seguir ampliando e diversificando a oferta dunha cita que terá lugar os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo, e que chega cunha programación especial que combina tradición, gastronomía, música e novas experiencias para todos os públicos.

O período de inscrición para os expositores exteriores da Festa do Queixo está aberto dende hoxe 15 de xaneiro, ata ó 30 de xaneiro ás 23:59 horas. A convocatoria está dirixida a profesionais e proxectos vinculados a propostas complementarias que queiran formar parte dunha das citas culturais e gastronómicas máis importantes de Galicia.

As persoas interesadas en participar como expositoras na 51ª Festa do Queixo poden solicitar máis información a través do correo electrónico info@festadoqueixo.org.

PUBLICIDADE

A zona de expositores exteriores situase nas rúas próximas ao recinto feiral, consolidando un espazo pensado para o paseo, o encontro e o descubrimento de produtos singulares, que se suma á programación central da Festa do Queixo. Esta iniciativa, xa posta en marcha na pasada edición, reforza o carácter aberto e diverso do evento e contribúe a dinamizar o conxunto da vila durante os días da celebración.

Entre as novidades máis destacadas da 51ª Festa do Queixo de Arzúa atópanse a ampliación da oferta gastronómica con áreas específicas de foodtrucks e o acceso libre aos concertos da carpa, que serán de balde e sen límite de aforo.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.