A XXIII Liga Local de Fútbol Sala do Concello de Arzúa botou hoxe, 15 de xaneiro, a andar coa apertura do prazo de inscrición para os equipos interesados en participar esta nova tempada. A Liga, unha competición xa consolidada no calendario deportivo municipal, está dirixida a persoas e equipos afeccionados do municipio e da contorna.
As persoas ou os equipos interesados en participar na Liga Local de Fútbol Sala, que ten entre os seus obxectivos fomentar a práctica deportiva e os valores do deporte nunha ambiente de convicencia e xogo limpo, poden inscribirse, de xeito presencial, de luns a venres de 8:30 a 14:00 horas na Oficina de Cultura e Deportes na rúa Padre Pardo, 33-1º Andar (Edificio María Mariño).
Tamén, se pode obter máis información ou mesmo formalizar a inscrición chamando aos números de teléfono 981 500 222 ou 676 172 978. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 27 de xaneiro ás 14:00 horas. Dende o Concello de Arzúa animan á veciñanza a participar nesta nova edición da Liga Local de Fútbol Sala.




