PUBLICIDADE

Amalia Blanco recibe o XXXIV Premio Camilo José Cela por ‘No neghro da ialma’

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, entrega o XXXIV Premio Literario Camilo José Cela a Amalia Blanco Pose por ‘No neghro da ialma’O alcalde de Padrón, Anxo Arca, entrega o XXXIV Premio Literario Camilo José Cela a Amalia Blanco Pose por ‘No neghro da ialma’

Amalia Blanco, veciña de Santa Comba, logrou o Premio Literario Camilo José Cela coa súa obra ‘No neghro da ialma’, da que o xurado valorou “o seu estilo e a súa visión persoal e comprometida coa sociedade”

A veciña de Santa Comba, Amalia Blanco Pose, recibiu o pasado 21 de febreiro o XXXIV Premio Literario Camilo José Cela, organizado polo Concello de Padrón, pola súa obra No neghro da ialma. O certame, un dos máis prestixiosos das letras españolas, recibiu nesta edición un total de 123 relatos, superando a cifra de 119 propostas do ano anterior.

O xurado, presidido polo alcalde e reponsable de Cultura de Padrón, Anxo Arca, destacou no fallo sobre o traballo de Amalia Blanco “a pecurialidade do seu estilo, que emprega unha ortografía propia, pola súa visión marxinal, persoal e comprometida da sociedade”, así como “a singularidade no emprego da gheada e do seseo na obra”, elementos pouco habituais nos certames literarios.

Amalia Blanco escribiu a obra con tan só 17 anos e, aínda que conta cunha extensa traxectoria literaria e numerosos premios en poesía, recoñeceu que nunca pensou en gañar un certame da categoría do Premio Camilo José Cela. A autora explicou que No neghro da ialma é un traballo profundamente persoal na que transformou os sentimentos dunha etapa escura da súa vida en ficción.

PUBLICIDADE

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, foi o encargado de entregarlle o XXXIV Premio Camilo José Cela a Amalia Blanco, durante un acto que se desenvolveu no Paraninfo da Fundación Pública Camilo José Cela, que contou tamén cun recital lírico a cargo da soprano Beatriz Vázquez Lorenzo, acompañada ao piano por Ría Garrido.

O Premio Literario Camilo José Cela está dotado con 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa, e segundo o rexedor “reafirma o compromiso do Concello de Padrón coa promoción cultural e serve como homenaxe á figura humana e literaria de Camilo José Cela, Premio Nobel de Literatura“.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.