PUBLICIDADE

Andaina Pro Salud Mental presenta o seu receitario solidario ‘Cociña con Andaina’

Andaina Pro Salud Mental presentou o seu receitario solidario na Biblioteca Municipal de OrdesAndaina Pro Salud Mental presentou o seu receitario solidario na Biblioteca Municipal de Ordes

Andaina Pro Salud Mental escolleu a Biblioteca Municipal do Concello de Ordes para presentar o seu último proxecto. Trátase do receitario solidario Cociña con Andaina, unha publicación realizada co gallo do seu décimo quinto aniversario celebrado este ano.

Cociña con Andaina é unha ampla recompilación das receitas elaboradas nos obradoiros de cociña da asociación, os cales forman parte do programa de actividades que se desenvolven nos centros situados en Ordes e Dodro. Susana García, concelleira de Política Social do Concello, non quixo perder a ocasión de participar nesta presentación, momento que tamén aproveitou para felicitar o Nadal a todas as persoas presentes.

Cociña con Andaina está á venda nos establecementos colaboradores espallados pola vila de Ordes, así coma a través do teléfono 613 071 703.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.