A primeira edición do Circuíto Galego de Lanzamentos Longos clausurouse a pasada fin de semana coa última proba na que participaron 263 deportistas e se rexistraron dous récords galegos
O II Circuíto Galego de Lanzamentos Longos terá como sede un ano máis o Concello de Ordes. O centro de lanzamentos da Cidade Deportiva de Vista Alegre será lugar de encontro para os mellores especialistas en disco, martelo e xavelina ao longo do próximo ano. A homologación oficial coa que contan as instalacións fai posible que novamente se poida levar a cabo esta proba autonómica.
O calendario compóñeno cinco xornadas, cuxas datas concretas son: 11 e 18 de xaneiro, 22 de abril, 17 de xuño e a fin de semana do 12 e 13 de decembro de 2026. Para poder levar a cabo esta competición a Federación Galega de Atletismo, o Concello de Ordes, a Xunta de Galicia e Deporte Galego unifican esforzos e recursos.
Precisamente esta última fin de semana clausurouse en Ordes o I Circuíto Galego de Lanzamentos de Inverno. Nel participaron un total de 263 lanzadores (141 mulleres e 122 homes), destacando o rexistro de dous novos récords galegos. O de Loreto Brea (F 50) cuxo martelo chegou ata os 39.28 metros, e o de Antía Suárez (Sub 14) capaz de lanzar o disco ata os 31.92 mestros. Ademais, superáronse outras 74 mellores marcas persoais.



