Aberta a inscrición para o obradoiro da Escola de Teatro de Ames, que oferta 15 prazas e está dirixido a persoas que nunca tiveron contacto co mundo da dramaturxia
O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Teatro, organiza os vindeiros 2 e 9 de abril ven de anunciar a apertura da inscrición para participar no obradoiro de técnicas teatrais para o des-estrés, que se desenvolverá na Casa da Cultura de Milladoiro os días 2 e 9 de abril, de 19:00 a 21:00 horas.
O obradoiro de técnicas teatrais para o des-estrés oferta un total de 15 prazas que se adxudicarán por orde de inscrición, a cal pechará o vindeiro 27 de marzo. Os interesados en participar deberán enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal indicando o nome, apelidos e un número de teléfono.
Trátase dun obradoiro de teatro dirixido a persoas que non conten cunha experiencia teatral previa e que queiran experimentar e coñecer mellor o seu corpo e as súas expresións, é dar a coñecer os beneficios do teatro na nosa vida cotiá, máis aló da preparación dunha obra.
Un obradoiro de teatro para romper coa rutina
Deste xeito, explicaron durante a presentación do obradoiro, preténdese amosar o teatro como unha vía para romper con todas as categorías e a monotonía da rutina, ofrecendo a posibilidade de asumir e xogar diferentes papeis, formas de comunicarnos e expresarnos ou diferentes formas de ver a vida. A finalidade destas sesións é brindar aos participantes unha oportunidade para liberarse da rutina e do estrés do día a día.




