PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Compostela dá a benvida ao Nadal cun espectáculo de luz e son

O acendido da iluminación e o espectáculo de luz e son no Obradoiro deron a saída ao programa de actividades ‘Compostela, a estrela do Nadal’

Santiago de Compostela deu a benvida ao Nadal, o pasado venres 29 de novembro, co acendido da iluminación, cun espectáculo de luz e son na Praza do Obradoiro, e co inicio do programa municipal de actividades baixo o lema Compostela, a estrela do Nadal.

Os actos que inauguraron o Nadal en Compostela comezaron co acendido das luces no Mercado de Nadal na Carreira do Conde por parte da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, tras o cal iniciáronse dúas ruadas musicais guiadas por Cantigas e Agarimos, nas que participaron os membros da Corporación Municipal, e que realizaron varias paradas nas prazas de Cervantes e do Toural durante un percorrido no que se iban acendendo as luces de Nadal ao paso da comitiva.

Xa na Praza do Obradoiro tivo lugar, a partir das sete da tarde un espectáculo de animación, luz e son a cargo da Compañía Pablo Méndez que contou con varias figuras xigantes de luz e as actuacións da soprano Esperanza Mara e de DJ Mil, e que precederon ao acendido da árbore de Nadal situada na fachada do Pazo de Raxoi, e que daba por inaugurado o Nadal. A festa baixou o pano cunha chocolatada para todas as persoas que se achegaron ata a praza do Obradoiro.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Programa de Nadal

Así, dende o pasado 29 de novembro, día en que se deu inicio tamén ao programa municipal de actividades destas festas, Compostela, estrela de Nadal, a praza Roxa conta cunha carpa na que se desenvolverán concertos coas bandas dos locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga nas noites dos venres, sesións vermú os sábados, actividades dirixidas ao público infantil, contacontos ou sorteos de agasallos para a clientela do pequeno comercio.

Tamén dirixida á cativada, a Alameda acollerá durante este Nadal Alameda en Xogo, un espazo que estará aberto do 20 de decemebro ao 7 de xaneiro, con distintas propostas como rocódromo, piscina de bolas de neve, sesións de cinema para todos os públicos e unha ampla variedade de xogos.

Outra das citas programadas polo Concello é o Mercado de Nadal, que un ano máis chega á rúa Carreira do Conde e ao que se sumará, a partir do 20 de decembro e ata o 5 de xaneiro o de Área Central. A Carreira do Conde tamén acollerá un espazo de xogos vencellado ao Mercado de Nadal
 

A rede de Centros Socioculturais de Santiago tamém ofrece un amplísimo programa de actividades tanto para a cativada como para persoas adultas con obradoiros, espectáculos e as míticas visitas de paxes reais e apalpadoras.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.