PUBLICIDADE

A Deputación de Ourense facilita a peregrinación pola Vía da Prata en Semana Santa

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompaña a un grupo de peregrinos na saída da ruta da Vía da PrataO presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompaña a un grupo de peregrinos na saída da ruta da Vía da Prata

A Deputación de Ourense impulsará, do 15 ao 19 de abril, que os peregrinos poidan realizar o Camiño pola Vía da Prata en 5 días por etapas duns 20 quilómetros

A Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourense de Desenvolvemento Económico (Inorde), pon de novo en marcha a súa iniciativa para impulsar o itinerario xacobeo Camiño Mozárabe-Vía da Prata para continuar a potenciar o incremento de peregrinos que actualmente vén rexistrando este Camiño Xacobeo.

Esta proposta da Deputación, consistente en trasladar aos peregrinos en autobús a cada inicio de etapa, con regreso a Ourense ao rematar cada unha delas e co acompañamento dun guía especializado, foi posta en marcha o pasado ano con grande éxito, tal e como explicou o presidente, Luis Menor.

A Deputación pon en marcha de novo esta iniciativa co obxectivo de achegar o Camiño Mozárabe dun xeito cómodo, doado e asequible para todas as persoas que desexen acadar a Compostela” (Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense).

Así, do 15 ao 19 de abril, ambos incluídos, a Deputación facilitará aos peregrinos a realización deste itinerario en cinco etapas de aproximadamente 20 quilómetros. Deste modo, ponse en marcha un servizo de transporte para que realicen o Camiño durante a Semana Santa, coa facilidade de que este autobús os levará ao punto de inicio da etapa e os recollerá ao remate para volver a traelos a Ourense. Disporán de tempo suficiente para gozar dos diferentes puntos de interese en cada etapa e coa garantía de obter a Compostela ao finalizar o itinerario.

PUBLICIDADE

Así, o primeiro día, o martes santo, 15 de abril, realizarán a etapa Ourense-Cea (21 km) que inclúe unha visita a Oseira. Ao día seguinte, mércores santo 16 de abril, será o traxecto Cea-Dozón-Puxallos, un percorrido de aproximadamente 22 km. A terceira etapa será o xoves santo, 17 de abril e levará aos peregrinos desde Puxallos ata Silleda (22km); no cuarto día, o venres santo 18 de abril, terá lugar a cuarta etapa que vai de Silleda-Vedra-Susana, sendo un percorrido de 23 ou de 30 km (os peregrinos poderán elexir a etapa longa ou curta). E, por último, o sábado santo, 19 de abril, peregrinarán a quinta etapa dende Susana ata Santiago de Compostela, o tramo máis curto, de 10 km aproximadamente.

A Deputación facilitará un guía e un bus de apoio

Ademais, os peregrinos contarán ao longo desta experiencia cun autobús de apoio a media etapa e cun guía especializado que lles axudará a descubrir o patrimonio cultural e natural da provincia a través deste camiño. Os interesados en realizar o Camiño xa poden inscribirse a través da páxina web www.conocegalicia.es por un prezo de 49 euros. Tamén poden informarse no número de teléfono 988 253 359.

A Deputación tamén informa de que mantense a posibilidade de realizar a inscrición por etapas, por un prezo de 15 euros. En todo caso, as inscricións están abertas para que a xente poida organizarse e anotarse con tempo segundo a súa dispoñibilidade.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.