PUBLICIDADE

Lidia Veiga gaña o XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva

O xurado do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que concede o Concello de Padrón, presidido polo alcalde Anxo ArcaO xurado do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que concede o Concello de Padrón, presidido polo alcalde Anxo Arca

A actriz Lidia Veiga levouse o XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que concede o Concello de Padrón, polo seu traballo na obra ‘Iribarne’, que lle valeu a candidatura aos Premios Max e aos María Casares

A actriz de Arzúa, Lidia Veiga, vén de ser recoñecida co XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, polo Concello de Padrón, pola súa interpretación na obra Iribarne, producida pola compañía Butaca Zero e polo Centro Dramático Nacional e que lle valeu tamén a candidatura á mellor interpretación feminina aos Premios Max de teatro, así como á mellor actriz protagonista nos María Casares.

O xurado do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, que presidiu o alcalde de Padrón Anxo Arca, destacou no seu fallo “a calidade e versatilidade interpretativa” de Lidia Veiga, ademais da “súa capacidade para construír personaxes con profundidade e autenticidade mantendo o valor da lingua galega como fórmula de elaboración e interpretación artística”.

O XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva destaca tamén a traxectoria da actriz Lidia Veiga e a súa participación en proxectos teatrais de gran relevancia, sendo unha intérprete recoñecida tanto pola crítica como polo público en diferentes ámbitos da escena.

PUBLICIDADE

Lidia Veira, natural de Arzúa, recibirá como gañadora do XXIV Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva 1.200 euros, un diploma acreditativo e unha figura coa imaxe da actriz Maruxa Villanueva nun acto de entrega que terá lugar nos vindeiros meses en Padrón.

Con este premio de interpretación teatral, o Concello de Padrón reafirma o seu apoio á escena teatral e ao talento interpretativo galego, sumando esta iniciativa ao seu compromiso coa cultura e as letras, que tamén se reflicte no Premio de Narrativa Camilo José Cela e no Certame Poético Rosalía de Castro.

PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.