PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

O Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados é para María Girón

Foto de familia tras o acto de entrega do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados que gañou a autora catalá María GirónFoto de familia tras o acto de entrega do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados que gañou a autora catalá María Girón

O xurado do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados elixiu a obra da catalá ‘BIM, BAM, BUM’ entre os 218 traballos de 22 países presentados

O xurado do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, que conceden o Concello de Santiago e a editorial Kalandraka, elixiu a obra BIM, BAM, BUM da autora catalá María Girón como gañadora dun certame ao que se presentaron un total de 218 traballos procedentes de 22 países.

María Girón recibiu o pasado día 6 o Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados durante un acto celebrado no compostelán Pazo de Raxoi. O xurado destacou da obra gañadora a “frescura dunha historia que mostra a cara lúdica da infancia, na que a amizade é un compoñente esencial”, reflicte o fallo dun xurado que estivo composto por Ana Garralón, Natalia Colombo, André Letria, Xosé Cobas e a directora da Editorial Kalandraka, Manuela Rodríguez, así como a alcaldesa Goretti Sanmartín, a concelleira Míriam Louzao, e a técnica do Departamento de Educación, Cristina Salgado.

A valoración do xurado deste Premio Internacional Compostela tamén destaca a “sinxeleza e musicalidade” da obra que “retoma elementos da tradición oral como os acumulativos, as repeticións e os xogos fonéticos”, así como “a evocación da felicidade nesa primeira etapa da vida, coa liberdade, o xogo ou o humor sempre presentes, tanto no texto como nas ilustracións que forman un todo armonioso”.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Finalmente, o xurado desta nova edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados elixiu a proposta Voglio andare senza rotelle, do ilustrador italiano Tobias Giacomazzi, como finalista do Premio por construír unha “historia chea de humor a partir de pequenos detalles, desenvolta con tensión narrativa, cun final sorprendente e cunhas ilustracións elaboradas cunha técnica moi depurada”.

María Girón, gañadora do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, recibe o galardón de máns da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín
María Girón, gañadora do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, recibe o galardón de máns da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín
PUBLICIDADE

PorBisbarra

Redacción. Xornal Independente que achega a información máis local e comarcal de Galicia.